CRTVG

Buscar

Case 9.000 detidos por violencia de xénero durante o estado de alarma

Publicado o 21/06/2020 13:42

Nos máis de tres meses que se prolongou o estado de alarma a policía mantivo especial vixilancia sobre os colectivos máis vulnerables e asi en operacions realizadas en toda España os axentes detiveron 8.800 persoas por violencia machista e houbo 245.000 contactos con vítimas relacionadas con este delicto.

Os controis policiais en España permitiron identificar máis de 7 millóns de persoas e máis de medio millón de vehículos. Houbo unhas 4.000 detencións por atentados contra a autoridade ou por desobediencias graves. Nas fronteiras impediuse a entrada de 63.000 persoas e controláronse 1.500.000 de vehículos.

 

Noticias web

21/06/2020