Case 40 denuncias nunha soa noite en Lugo por ouriñar no recinto histórico
Publicado o 26/10/2021 14:19
A Policía Local de Lugo realizou nunha soa noite preto de 40 denuncias por ouriñar na vía pública no centro da cidade. Moitas das persoas sancionadas empregaron como ouriñal a fonte da Pinguela, que é a de maior valor patrimonial de todo o recinto histórico lugués.
Cada un dos infractores podería ter que pagar unha multa de ata 900 euros, polo que en conxunto as sancións sumarían máis de 30.000. Segundo estimacións dos hostaleiros da contorna, por cada infractor sancionado hai outros tres máis que se libraron da denuncia. En total, poderían ouriñar cada noite de sábado nesta zona unhas 150 persoas.
A fonte usada como ouriñal, que data da época romana e foi reformada no século XVIII, está catalogada como Ben de Interese Cultural.