CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Case 200.000 nenos comezaron hoxe o curso escolar

Publicado o 11/09/2017 14:37

Uns emocionados polos reencontros e outros non tanto... Case 200.000 nenos galegos de educación infantil, primaria e educación especial volveron hoxe ás aulas. Un curso que afondará no plurilingüismo e no ensino dixital. Comeza o curso escolar 2017-2018 en infantil, primaria e educación especial, a etapa que vai desde os tres aos once anos.

Este curso serán uns 198.000 alumnos en Galicia. En educación infantil haberá algo máis de 60.000 rapaces, un 2,4% menos que o ano pasado. En educación primaria serán 137.022, practicamente os mesmos que o ano pasado, mentres que en educación especial 1.394 alumnos. Aínda que hoxe é día de nervios, a maioría dos nenos acode contento aos centros. Os seguintes en volver ás aulas serán os alumnos de ensino secundario, que comezan as clase o venres día 15.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí