CRTVG

Buscar

Case 20.000 musulmáns en Galicia celebran o Ramadán

Publicado o 06/05/2019 21:49

Este luns comeza o Ramadán para os moitos musulmáns que hai en Galicia, en que ademais de estar de celebración tamén aproveitan para dar a coñecer as súas necesidades.

En Lugo acaba de crearse a asociación de mulleres musulmás Al Amal, que nace con dúas demandas: por un lado a creación dun cemiterio, xa que, por exemplo, trasladar un corpo ata Marrocos en avión custa uns seis mil euros; e, por outro lado, tamén demandan que haxa máis tradutores de árabe a español para realizar as xestións perante as administracións, xa que moitos dos membros desta comunidade non coñecen o idioma.

Segundo datos do Observatorio Andalusí, en Galicia hai censados 18.600 musulmáns, a maioría deles procedentes de Marrocos. Oficialmente, estarán no Ramadán ata o catro de xuño.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/05/2019