Mais de 14.000 aspirantes a 208 prazas de subalternos e ordenanzas da Xunta
A Xunta pecha este domingo o primeiro grupo de oposicións que se viron afectadas pola pandemia da covid-19.
Esta xornada houbo exames en Santiago, Lugo e Silleda. Os que se presentaron optan a prazas de ordenanzas e persoal subalterno da Xunta. Son 14.400 persoas que compiten por 208 prazas. Un operativo de 200 persoas garante o cumprimento das medidas de seguridade en cada proba nos tres recintos.
Ao longo destes meses concorreron máis de 46.700 aspirantes para 2.075 prazas de emprego público.

En ringleiras e distanciados, os opositores agardan para entrar ao exame no recinto Feiral de Amio en Santiago. Son ás nove da mañá e a imaxe é semellante nas sedes de Silleda e de Lugo onde se celebran as probas de xeito simultáneo. Aspiran a unha praza de ordenanza ou de persoal subalterno da Adminstración galega. Enfróntanse a unha proba tipo test e compiten por unha das 208 prazas.
"Concorren preto de 14.400 aspirantes en Santiago Lugo e Silleda. Ao longo destes meses concorreron 46. 700 opositores para 2.075 prazas da administración autonómica. Estás son unhas oposicións seguras fanse co aval das autoridades sanitarias", di Xosé María Barreiro , Director xeral de Facenda.
Con estes exames a administración galega pecha o primeiro grupo de oposicións celebradas durante a pandemia.
Un operativo de seguridade integrado por uns 200 profesionais garante o cumprimento das medidas de seguridade en cada proba
Tras dúas horas de exame, a sorte está botada.