CRTVG

Buscar

Case 11.400 mozos galegos preparan a ABAU, que comeza este mércores

Publicado o 10/06/2019 19:58

En Galicia, os exames da ABAU comezan este mércores. Nos corredores de segundo de bacharelato deste instituto compostelán hai nervios contidos ou non hai nada. Só veñen algúns alumnos para traer aquí as dúbidas.

Son tres dos case once mil catrocentos galegos que están a preparar a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade. E tamén lle dan voltas ao debate destes días.

Tocan días de prepararse para loitar contra o medo a preguntas inesperadas ou a quedar en branco.

Parece demasiado, porque o que está en xogo é parte do futuro. Mércores, xoves e venres concentrarán este momento crucial da vida dun estudante.

O que vén despois é deixar atrás o instituto e subir ao carro da vida adulta.

Noticias web

10/06/2019