Repatrian nun avión e nun barco case 1.200 españois atrapados en Marrocos
Publicado o 04/04/2021 21:06
O pesadelo dos españois atrapados en Marrocos debido ao peche do espazo aéreo por razóns sanitarias está en vías de solución, xa que esta tarde regresaron case 1.200 persoas.
Fixérono nun avión e nun barco dentro dun dispositivo que ten como obxectivo repatriar preto de 4.000 cidadáns.
Estas imaxes corresponden ao aeroporto de Baraxas, a onde chegou unha aeronave con 348 persoas sobre as sete e media da tarde procedente de Casablanca.
Desde Tánxer tamén partiu esta tarde un barco con 800 pasaxeiros a bordo que tiña como destino Alxeciras. Os repatriados coinciden en que pasaron momentos de tensión e incerteza.