CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Casas con consumo enerxético case nulo

Publicado o 20/11/2014 15:04




Son os coñecidos como edificios pasivos, eses en que o consumo enerxético é case nulo. Unha boa orientación e un moi bo sistema de illamento son as chaves para conseguir unha vivenda confortable. Non é pouca cousa, a diferenza: Teñen un consumo enerxético dez veces menor ca un edificio convencional.

Esta vivenda de 90 metros cadrados estase a construír en Guadalix de la Sierra, na serra norte de Madrid. Construída cunha estrutura de madeira maciza, cumpre todos os requisitos do estándar 'passivhaus'.

Un consumo enerxético mínimo. Dous radiadores para toda a casa. Nestas construcións é fundamental a orientación, sempre cara ao sur. Así aproveita ao máximo a principal fonte de enerxía, o sol. Para soportar o inverno, nun clima frío como o da serra de Madrid, aplícase a teoría das capas. No verán funciona coma un termo.

Esta vivenda está no día 23 de construción. En dez máis estará lista para ser habitada. O seu custo é lixeiramente superior a unha vivenda convencional, uns 1200 m2. A vantaxe está, aseguran os promotores, no aforro de enerxía.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí