CRTVG

Buscar

Casado: "Sánchez quería eleccións e parece que xa o conseguiu"

Publicado o 17/09/2019 20:03

O presidente do PP, Pablo Casado, subliñou este martes tras a súa entrevista co Rei que a súa conclusión destes últimos meses é que o líder do PSOE, Pedro Sánchez, nunca quixo formar goberno. "Se nos aboca a eleccións, espero que non lle saia gratis", recalcou.

Así se manifestou Casado na conferencia de prensa que deu no Congreso despois de ser recibido por Filipe VI dentro da rolda de consultas que levou a cabo para sondar os partidos.

 

 

Noticias web

17/09/2019