CRTVG

Buscar

Casado: "Sánchez necesita que Cataluña sexa moeda de cambio para seguir na Moncloa"

Publicado o 07/02/2021 15:18

Os gobernos autonómicos do PP son un exemplo de xestión nesta pandemia, dixo Casado ante os presidentes de Galicia, Castela e León, Madrid, Murcia, Andalucía e Ceuta. E acusou os socialistas de facer "trampas", tamén coas promesas electorais en Cataluña, porque menten, asegurou, cando afirman que non haberá tripartito. "Claro que o volverán facer. É tan evidente porque senon Sánchez sairía inmediatamente da Moncloa. Sánchez está na Monlcoa grazas a ERC e a JxC.

O presidente do Partido do Partido Popular de Galicia defendeu que Alejandro Fernández é un constitucionalista de verdade e a resposta que Cataluña necesita. "Cando o Goberno central dimite das súas responsabilidades e deixa en mans dos presidentes autonómicos o momento máis complicado que vivíu España dende a Guerra Civil, non cre o que o seu candidato sexa a persoa axeitada para xestionar unha crise sanitaria, económica, social e existencial como a que vive Cataluña", dixo Alberto Núñez Feijóo.

 

Noticias web

07/02/2021