Casado reivindica o legado de Aznar no 25 aniversario da súa primeira vitoria electoral
Publicado o 02/03/2021 15:09

O líder do PP participou nun coloquio co expresidente do Goberno José María Aznar cando fai 25 anos da súa primeira vitoria electoral.
Unha imaxe simbólica nun momento en que o actual Partido Popular intenta romper amarras co pasado. Pablo Casado reivindicou o legado de Aznar e dixo que "pican en óso" os que queren dividir o actual PP cos seus predecesores.
Tamén asegurou que o seu espazo é o centrodereita, e que o partido debe atraer unha "maioría tranquila" que agora se sitúa nos extremos.