Casado preséntase como alternativa ao bloqueo
Publicado o 26/10/2019 19:03
O Partido Popular convocou para hoxe en Alacante a Interparlamentaria na que participan, entre outros, todos os presidentes provinciais e a cúpula do partido.
Pablo Casado fixo reiterados chamentos á unidade para que os españois volvan colleitar a concordia. Asegura que non só hai unha ameaza de fractura territorial, senón de fractura social e entre xeracións. Ante isto, Casado preséntase como alternativa ao bloqueo.