CRTVG

Buscar

Casado pídelle a Vox que non se presente nas provincias pequenas

Publicado o 13/03/2019 20:49

Ciudadanos incorpora ás listas por Madrid a activista xitana Sara Giménez. Na súa presentación, Albert Rivera prometeu impulsar unha lei de non discriminación: "Hai que facer unha lei para asegurarse de ningunha escola, alugueiro, barrio, en ningún lugar deste país se discrimine a ninguén pola súa etnia, condición, familia ou orixe".

Irene Montero reuniuse en Vigo con mulleres con traballos precarios. Na semana contra o cambio climático, pide escoitar as alertas das novas xeracións: "Mulleres e mozos están propoñendo con total rotundidade que a este sistema económico hai que darlle a volta porque é incompatible coa vida. Os coidados teñen que estar no centro, a vida ten que estar no centro, e non temos un planeta de reposto. Se o planeta fose un banco xa o teriamos rescatado"

En Burgos, o presidente do Goberno propuxo facer do desenvolvemento tecnolóxico unha áncora para evitar o despoboamento: "Non se trata só de volver prestixiar sectores como o primario, que é importantísimo en plena transición ecolóxica, senón complementalos cunha innovación destacada ao servizo de todo o tecido económico, industrial e produtivo"

Mensaxe indirecta do PP a VOX para que non se presente nas provincias pequenas, onde as enquisas non auguran escanos para os de Abascal: "E a reflexión que hai que facer é se paga a pena que por parte doutros partidos novos, ao fragmentar o voto constitucionalista de centrodereita liberal conservador, eses escanos engrosen as listas da esquerda radical en mans de Torra e dos batasunos".

Mensaxe tamén para o presidente da Generalitat. Se non retira os lazos amarelos, o PP denunciará a Quim Torra ante a Fiscalía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2019