Casado pídelle a Sánchez que free "a contrarreforma educativa" e aposte polo consenso
Publicado o 04/03/2020 14:40
Segue a polémica tamén por outra lei aprobada onte, a de educación. O líder do Partido Popular pídelle ao Goberno que free o que denomina "contrarreforma educativa".
Casado considera que o proxecto só se basea en cuestións ideolóxicas, e insta a Pedro Sánchez a traballar por un pacto educativo.