CRTVG

Buscar

Casado pídelle a Sánchez que aclare o encontro de Ábalos con Delcy Rodríguez "antes de que o faga a xustiza"

Publicado o 19/02/2020 14:13

Pablo Casado foi o primeiro en aludir ao encontro nocturno de Ábalos e Rodríguez, recomendándolle ao presidente do Goberno que dea luz sobre o asunto antes de que o faga a xustiza.

Pedro Sánchez esquivou o tema e acusou os populares de cimentar a súa oposición na liorta e o bloqueo político.

Pero a oposición non se deu por satisfeita, e na quenda de preguntas á vicepresidenta Carmen Calvo, tanto Vox como o Partido Popular volveron referirse a Venezuela.

Igual que o presidente, Carmen Calvo non entrou no corpo a corpo e afeoulle ao PP que perdese, dixo, o seu vello sentido de Estado.

Noticias web

19/02/2020