CRTVG

Buscar

Casado pide unidade de acción e resposta rápida para facerlle fronte á emerxencia da Palma

Publicado o 22/09/2021 14:47

O ministro do Interior segue a evolución da erupción volcánica dende o posto de mando da capital da Palma.

O líder do Partido Popular tamén viaxou á illa para visitar as zonas afectadas. Pablo Casado desprazouse ao centro de acollida situado no acuartelamento El Fuerte, onde agradeceu o traballo dos servizos de emerxencias e conversou con veciños afectados. O presidente dos populares pediu unidade de acción e actuacións rápidas para facerlle fronte á situación de emerxencia que vive a illa.

Noticias web

22/09/2021