Casado pide o voto para evitar un Goberno de esquerdas e independentistas
Alberto Núñez Feijóo pide o voto para o PP para ter en España un goberno para todos, dixo, que teña en conta Galicia. Os galegos, engadiu, merecen o mesmo trato e dereitos que os cidadáns doutras comunidades.
Nun mitin onte á noite en Verín, Alberto Núñez Feijóo defendeu que o seu partido quere un Goberno en Madrid que combata e non acentúe as desigualdades, entre homes e mulleres, pero tamén económicas e en infraestruturas. Feijóo afirmou que os novos partidos non coñecen Galicia e que veñen aquí a facer turismo ao tempo que piden o voto.
Pablo Casado reclamou en Tarragona que pare a crispación, que os independentistas deixen de apupar a xente, que acaten a lei e a constitución; e que se os tribunais os condenan, cumpran as sentenzas que estes lles marquen. Polo tanto, reiterou, non haberá indultos para os independentistas encarcercerados se gobernan os populares,
Por iso pediu que se vote o PP, para evitar un goberno de esquerdas e de independentistas.