CRTVG

Buscar

Casado pide o cesamento de Bolaños por dicir que os xuíces non poden elixir os xuíces

Publicado o 02/09/2021 15:07
EFE

O presidente do PP, Pablo Casado, pediu este xoves o cesamento do ministro da Presidencia, Félix Bolaños, ao que acusa de "totalitarismo" por afirmar que "os xuíces non poden elixir os xuíces", o que considera un "ataque á democracia e ao Estado de dereito e a independencia xudicial".

O líder da oposición fíxose eco, a través de Twitter, das declaracións de Bolaños, que nunha entrevista coa Ser rexeitou a reforma do Consello Xeral do Poder Xudicial proposta polo PP porque "nin os xuíces poden elixir os xuíces como os políticos non elixen os políticos", senón que "os elixen os cidadáns", e non se poden facer "compartimentos estancos". "Un totalitarismo inadmisible", denunciou Casado, que tamén o considera un ataque "a Constitución e a Unión Europea". 

Noticias web

02/09/2021