CRTVG

Buscar

Casado leva ao Senado figuras relevantes durante o Goberno de Rajoy

Publicado o 22/03/2019 15:41

No Partido Popular, Pablo Casado está acometendo unha profunda renovación nas candidaturas para as xerais.
Xa presentou os cabezas de lista ao Congreso, o 80% son caras novas. Unha das principais incógnitas agora é saber quen acompañará a Casado como número dous por Madrid. Figuras relevantes durante o liderado de Rajoy optarán agora ao Senado, entre eles, Rafael Hernando, Fernando Martínez Maíllo e Carlos Floriano. Outros repetirán, como o actual presidente da Cámara, Pío García-Escudero.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/03/2019