CRTVG

Buscar

Casado insta aos votantes avergoñados con Sánchez a votar ao PP

Publicado o 18/04/2019 21:06

A cabeza de lista ao Congreso pola Coruña Marta González advertiu hoxe en Compostela de que calquera voto que non vai ao PP favorecerá o ascenso da alianza de Pedro Sánchez co populismo e os independentistas.

Pablo Casado asegura que se é presidente baixará os impostos, aumentará as pensións e incrementará tamén as axudas as pequenas e medianas empresas para fixar poboación no rural.  O candidato do PP pediulles aos votantes socialistas, que ven con temor os pactos de Pedro Sánchez co independentismo, que apoien aos populares.

Noticias web

18/04/2019