CRTVG

Buscar

Casado insiste en que non vai facilitar a investidura de Sánchez

Publicado o 09/07/2019 22:07

Reunión entre Pedro Sánchez e Pablo Casado. Foi o cuarto encontro desde que se celebraron as eleccións. O líder socialista pide a abstención do PP pero  os populares insisten en que non vai facilitar a investidura de Pedro Sánchez. Casado di que o fan por coherencia e por responsabilidade. Con todo, o líder do PP mantén a man tendida para chegar a grandes acordos de Estado. Pablo Casado engade ademais que Sánchez xa escolleu os seus socios: Unidos Podemos e os nacionalistas, como fixo en concellos e en comunidades autónomas.  Casado cre que agora a pelota está no tellado de Sánchez porque el é o que ten que chegar a acordos para sacar adiante a investidura. Desde o Partido Socialista apelan á responsabilidade do Partido Popular e tamén de Ciudadanos que rexeitou a xuntanza con Pedro Sánchez.  Os socialistas din que agora mesmo non hai alternativa posible a un goberno de Sánchez.
"Non podemos facilitar a investidura de Pedro Sánchez como candidato a presidir o Goberno. Facémolo por coherencia co noso programa electoral, cos nosos votantes pero tamén polos millóns de españois que non desexan que a esquerda goberne en España. Agora mesmo, a pelota está no tellado de Pedro Sánchez. El terá que explicar por que non se pon de acordo a nivel nacional cos que se puxo de acordo a nivel autonómico, provincial e municipal e por que segue pactando con independentistas e cos herdeiros de Batasuna", asegura Pablo Casado, presidente do PP..
"O presidente o que lle pediu ao líder da oposición é que non bloqueen a investidura, sobre todo porque non hai alternativa posible. Non hai unha alternativa ao goberno de Pedro Sánchez. Eu o que agardo é que os partidos políticos non queiran ir a eleccións porque o Partido Socialista non quere ir a eleccións. Nós non queremos que haxa eleccións, nós o que queremos é que haxa investidura no mes de xullo", afirma Adriana Lastra, voceira do PSOE no Congreso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/07/2019