Casado insiste que Sánchez pactará cos independentistas se gaña as eleccións
O Partido Popular de Galicia celebra varios encontros sectoriais para explicar o seu programa electoral. A candidata ao Congreso por Ourense, reuniuse con representantes dos corpos e forzas de seguridade do Estado para dicirlles que o PP se compromete a aprobar unha Lei de salarios para que todas as policías cobren o mesmo.
Pablo Casado insitiu en Alacante que se Pedro Sánchez gaña pactará a súa investidura e o programa de goberno cos independentistas, o que implica, dixo, rematar coa solidariedade interterritorial.
Isto, sinalou, implicará a destrución do estado do benestar. Para Pablo Casado os populares teñen que liderar o futuro goberno para aumentar as pensións, baixar os impostos, incentivar a través da implantación de empresas a fixación de poboación no rural e, recuperar, sobre todo, o espírito da España constitucional, plural e democrática.