CRTVG

Buscar

Casado evita saudar a Garrido nos actos do 2 de Maio

Publicado o 02/05/2019 15:22

A situación política trasladouse aos actos do 2 de Maio, no Día da Comunidade de Madrid. Entre os invitados xuntou na Real Casa de Correos dirixentes políticos de todos os partidos, cando falta menos dun mes para as eleccións do 26 de maio. Entre eles estaban o presidente do PP e o ex-presidente rexional que fichou por Ciudadanos, Ángel Garrido. Era a primeira vez que coincidían. E, separados por seis cadeiras, Pablo Casado evitou saudalo á súa chegada. Garrido si compartiu con Esperanza Aguirre, sentada ao seu carón.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/05/2019