CRTVG

Buscar

Casado di que a presenza de España ten que ser máis visible en todo o territorio

Publicado o 24/02/2019 18:03

O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, dixo hoxe que a presenza de España ten que ser moito máis visible en todo o territorio. Casado afirmou isto na clausura da convención de cohesión territorial do Partido Popular. En Toledo e arroupado polo presidente dos populares de Castela-A Mancha, Casado dixo que se goberna freará as transferencias de competencias ás autonomías desleais. Tamén dixo que garantirá a presenza dos símbolos de España en todo o territorio.

Pablo Casado, presidente do Partido Popular: "Non se pode querer o que non se ve. Non se pode estar pasenando por unha provincia tan marabillosa como a de Xirona, por exemplo, indo á zona do Empordán, e ver que non hai nin un atisbo, nin un rasgo, nin unha bandeira, nin unha oficina, non hai presenza de España... Como se vai querer España? Como imos establecer un relato alternativo ás mentiras independentistas? Temos que garantir a presenza do Estado".

 

Noticias web

24/02/2019