CRTVG

Buscar

Casado cualifica o posible acordo PSOE-Podemos como "simulación de novidade"

Publicado o 20/07/2019 14:15

O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, cualificou o posible acordo de investidura como "simulación de novidade". O líder do PP interviu na Escola de Verán do seu partido en Vitoria, dedicada á memoria de Miguel Ángel Blanco. Casado lembrou que coa morte do concelleiro de Ermua comezou a derrota do terrorismo da ETA. Ante o posible acordo do PSOE con Podemos, Casado dixo que é o previsible , dado que xa se deu en dez deputacións, outras tantas capitais de provincia e sete comunidades autónomas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/07/2019