CRTVG

Buscar

Casado cualifica a Vox de "extrema dereita" e a C's de "socialdemócratas disfrazados de liberais"

Publicado o 30/04/2019 20:34

Pablo Casado volveu recoñecer no Comité Executivo Nacional que os resultados do domingo foran "moi malos" pero, dixo, non vai dimitir porque ten o apoio dos seus para reconstruír o partido pedra a pedra. Pablo Casado, presidente do PP: "Son o primeiro presidente do PP elixido por primarias, teño un mandato para catro anos, espero non ter que chegar ao terceiro intento para gobernar España. Estou convencido, será ao segundo pero manteño a miña posición da noite electoral de que seguimos con máis forza e lexitimados para os próximos catro anos por un congreso recente. Obtiven o apoio dos líderes autonómicos do partido, cousa que agradezo".

O líder dos popular fixo autocrítica. Dixo que non souberon ver que o adversario de Vox e Ciudadanos era o PP. A Rivera criticoulle que o único obxectivo fose sorpasar os populares e recordoulle que o líder da oposición e el, algo que Rivera non pode ser porque, con Vox, son os responsables de que Sánchez siga gobernando.

Casado deixou claro que o PP non é o mesmo que Vox e Ciudadanos. Pablo Casado, presidente do PP: "É falso que en España haxa tres dereitas. Era un tópico falso. Non hai tres dereitas en España. En España só hai un partido de centrodereita que é o Partido Popular. Hai outro partido de extrema dereita que é Vox e hai outro partido socialdemócrata disfrazado de liberal desde hai un ano e medio pero que fundacionalmente é socialdemócrata e así o demostrou".

Casado presentou ademais o lema para as eleccións municipais, autonómicas e europeas. Será "Centrados no teu futuro". Unha campaña el ectoral da que non se encargarán Javier Maroto que foi quen dirixiu a das eleccións xerais.

 

 

 

Noticias web

30/04/2019