CRTVG

Buscar

Casado critica a Sánchez polo uso do Falcon

Publicado o 19/04/2019 21:05

En Vigo, a candidata do Partido Popular ao Congreso, Ana Pastor, fixo un treito do Camiño Portugués para potenciar esta vía do Camiño de Santiago. Pastor fixo un chamamento ao voto útil. E insistiu en que uns poucos centos de votos a Ciudadanos e a Vox poden non darlles ningún deputado a estas formacións pero si facerllo perder ao PP en favor do PSOE. Ademais, Ana Pastor defendeu novas propostas de atención aos maiores.

Pablo Casado dixo en Alfaro, na Rioxa, que se o Partido Popular goberna promoveranse máis axudas para impulsar a

natalidade, excepcións fiscais para as empresas que xurdan no ámbito rural, co obxectivo de fixar poboación, e menos impostos e unha suba das pensións do 15 por cento. O candidato popular sinalou que se gaña Pedro Sánchez apoiarase nos independentistas encarcerados para formar goberno. Casado referiuse ao gusto de Pedro Sánchez polo luxo, especialmente polos avións.  

Noticias web

19/04/2019