Casado cre que as cifras do paro son arrepiantes e amosan un drama social
Publicado o 02/02/2021 16:50
O líder do Partido Popular cre que as cifras do paro son arrepiantes e amosan un drama social. Pablo Casado acusa o Goberno de triunfalismo, e critica que o Executivo de Sánchez lle dá as costas a millóns de españois.
Pablo Casado, presidente do Partido Popular: "A ministra de Traballo alardea de que se pagan cinco millóns de prestación de desemprego, cunha media de 840 euros ao mes. Estes son os de non deixar ninguén atrás?".