CRTVG

Buscar

Casado comprométese a ampliar a prisión permanente revisable

Publicado o 16/04/2019 15:15

O Partido Popular celebrou un acto con mulleres en Moaña, con Alberto Núñez Feijóo e Ana Pastor.

"Hai quen pretende dicirnos o que temos que facer, as mulleres do PP e as mulleres de Galicia facemos o que queremos", dixo Pastor.

"Pedimos o voto para as mulleres que non insultan as mulleres doutros partidos, pedimos o voto para acabar co supremacismo ideolóxico", asegurou Núñez Feijóo. 

En Cidade Real, Pablo Casado dixo que Pedro Sánchez pretende concederlles o indulto aos independentistas cataláns encarcerados para logo pactar con eles. Co Partido Popular cumprirán, dixo, as penas que lles impoñan os xuíces.

Casado tamén anunciou que o Partido Popular ampliará a prisión permanente revisable.

Noticias web

16/04/2019