CRTVG

Buscar

Casado acusa a Sánchez de intromisión nas competencias das autonomías

Publicado o 28/11/2020 16:10

O presidente do Partido Popular di que Pedro Sánchez é "coma o can do hortelán, nin come, nin deixa comer". Asegura Casado que o xefe do executivo non cumpre coas súas obrigas como presidente, pero si que se mete na capacidade que teñen as autonomías en diferentes materias. Puxo como exemplos desta intromisión a lei Celaá ou o pacto con ERC para unha harmonización fiscal que, segundo Casado, agocha unha suba de impostos. 

 

 

 

 

Noticias web

28/11/2020