CRTVG

Buscar

Casado acusa a Sánchez de darlle "un golpe de graza á legalidade" ao aprobar os indultos

Publicado o 21/06/2021 13:19

Foto: EFE

O presidente do PP, Pablo Casado, acusou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de darlle un "golpe de graza á legalidade" cos indultos aos condenados polo procés e de usar Cataluña como "coartada" para provocar un "cambio de réxime".

O líder da oposición, nunha reunión plenaria dos grupos do PP no Congreso e o Senado, expresou o seu rexeitamento contundente á medida de graza, só uns minutos despois de que Sánchez anunciase en Barcelona que este martes proporá ao Consello de Ministros aprobar os indultos aos líderes independentistas cataláns encarcerados.

Dixo que son "un desacato á autoridade" e "un desfalco á soberanía". Casado advertiu que Pedro Sánchez está blindando con decisións 'letais' un segundo procés, e asegurou que "o Partido Popular vai garantir o cumprimento da legalidade".

Pablo Casado defendeu que a crise en Cataluña está "inducida pola esquerda e os separatistas" e acusou a Sánchez de destruír "as bases do sistema de conciencia" e de "blindar" un segundo procés. O líder dos populares rexeitou un referendo en Cataluña e anunciou accións nos tribunais

Vox: "Sánchez foi a Barcelona axeonllarse ante o separatismo"

O portavoz de Vox, Jorge Buxadé, cre que Pedro Sánchez, foi ao Liceu "axeonllarse ante o  separatismo, ante o golpismo, ante a barbarie, a desorganización, o caos e a violencia nas rúas", e ao ser informado de que se oíron berros a favor da amnistía no Liceu, asemellouno a "unha pescozada".

"E cada vez que vaia caeralle outra vez", augurou Buxadé, co argumento de que "ao nacionalismo se lle dás un dedo, cólleche a man, e se lle dás a man, o brazo", pois "ten o mesmo apetito que un neno con mecos".

Noticias web

21/06/2021