CRTVG

Buscar

Casado acusa a Iglesias de xustificar a ocupación ilegal de vivendas

Publicado o 17/09/2020 14:50

O PP pide consenso político para loitar contra a ocupación ilegal de vivendas e denuncia que houbo case 3.700 no que vai de ano.
O presidente dos populares, Pablo Casado, visitou un bloque de pisos afectado por ocupacións ilegais en Badalona, acompañado do alcalde, Xavier García Albiol. Un grupo de manifestantes protestaron pola visita pedindo que non se ataque os que ocupan por necesidade. Casado diferenciou esa situación das mafias e dos que usurpan as vivendas para enriquecerse ilicitamente e acusou o Goberno de non buscar solucións.

 

Noticias web

17/09/2020