Casado acusa a esquerda de promover os 'escraches' e a inmigración irregular
Publicado o 15/04/2019 15:50
En Lugo, Alberto Núñez Feijóo presentou nunha cooperativa gandeira o programa do Partido Popular para o rural. Insistiu en que hai que defender o rural con programas como o do seu goberno, con impostos 0. Asegurou tamén que o PP é o partido da xente das vilas e das aldeas.
Pablo Casado reiterou esta mañá nas Palmas que o que arriscamos nestas eleccións é o futuro de España. Dixo que só hai dúas opcións: a liderada polos populares, que é sinónimo de estabilidade, ou apoiar unha esquerda que loa os escraches e que promove efectos chamada á inmigración ilegal.