CRTVG

Buscar

A Revista

Cartos e cervexa son os trofeos para os gañadores da carreira coa muller ao lombo celebrada en Main, EUA

Publicado o 13/10/2017 12:53
Imaxes entre cómicas e arrepiantes as que nos chegan de Main, nos EUA. Haberá mesmo quen considera esta peculiar carreira como algo romántico. Xulguen vostedes.


Trátase da tradicional carreira das esposas. Consiste en que os seus homes superen todo tipo de obstáculos coas súas mulleres ao lombo. O premio, unha ducia de caixas de cervexas e o peso dela en cartos. Como sucede en calquera relación duradeira, tamén a carreira ten os seus momentos bos e algúns realmente díficiles en que a unión e a confianza na parella son imprescindibles.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

13/10/2017