CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Cartos con escaso valor colapsan o sistema finaceiro arxentino

Publicado o 22/07/2017 15:00





Os bancos arxentinos están desbordados pola cantidade de billetes que deben almacenar nas súas caixas fortes. Un problema que xa motivou que as entidades bancarias cobren comisións ás empresas que desexen facer depósitos en efectivo.


Todos estes billetes que teño nas miñas mans suman uns 30 pesos, pouco máis dun euro cincuenta, cos que os arxentinos só poden mercar un litro de leite.
Cartos, sen a penas valor, que enchen as carteiras dos cidadáns e que a gran escala, está a colapsar o sistema financiero arxentino, que xa non ten espazo físico para gardar tanto diñeiro.

A situación empeorou coa medida do Banco Central de non recibir máis efectivo das entidades privadas como medida de presión para fomentar o uso de sistemas electrónicos de pago e sacar así diñeiro das rúas nun país cun 35% da economía en negro.


"El problema es la inflación, el problema es que los billetes son todavía de baja numeración y los nuevos son de baja cantidad en la economía y que la economía todavía tiene un proceso inflacionario que exige cada vez más billetes".

O Goberno de Mauricio Macri está a afrontar o problema coa emisión de papeis de 200 e 500 pesos e destruindo o sobrante deteriorado, pero quizáis non á velocidade que precisa a economía arxentina. Polo que as entidades bancarias xa comezaron a cobrar comisións do 1% ás empresas que depositen efectivo e o Banco Central promoveu un mercado de compra-venta de billetes para tentar normalizar unha situación que desborda incluso ás empresas de transporte de caudais.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí