CRTVG

Buscar

Cartelle aumentou o padrón por primeira vez en vinte anos

Publicado o 19/11/2020 16:59

Coa pandemia moitos concellos do rural viron como medraba a súa poboación. Entre eles está o concello ourensán de Cartelle. Alí aumentou o padrón por primeira vez dende hai 20 anos.

No ano 2000 había case 4.000 veciños. Cunha media duns 70 falecementos anuais e menos de 10 nacementos, este concello do rural ourensán foi perdendo poboación, ano tras ano, durante dúas décadas.

Iso foi ata o de agora. Coa chegada da covid foron moitos os que decidiron cambiar a cidade pola aldea, buscando unha mellor calidade de vida, fuxindo das aglomeracións e das restricións.

Algúns dos que chegan son xubilados, pero tamén xente nova, que grazas ao teletraballo ven unha opción viable vivir no rural.

En Cartelle, no que vai de ano, os empadroamentos foron preto de 70, o que sitúa a poboación deste concello ourensán nos 2.710 veciños.

Noticias web

19/11/2020