CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Carteleira de estreas de cine para os vindeiros días

Publicado o 07/12/2017 17:12

'Suburbicon'
George Clooney foi virando a súa carreira cara a dirección sen facer moito barullo. Así, esta é a súa sexta película detrás das cámaras. Unha colaboración cos irmáns Coen na que parodia á sociedade estadounidense. E faino retratando a apacible vida nunha vila americana a finais dos 50. Unha calma que dura ben pouco.

'El viaje'
Nun momento social no que o diálogo non está de moda, este filme atende ao que aconteceu en Irlanda do Norte nas negociacións entre os líderes do Partido da Unión e o Sinn Fein. Metidos nun coche, os dous políticos veranse na obriga de atender ás palabras do outro. A viaxe do diálogo, un acontecemento baseado na realidade do que tomar nota.

'Llueven vacas'
A historia dunha parella contada a partir de seis actores diferentes para a personaxe del e seis actrices distintas no caso dela. A violencia machista nunha ollada atemporal con caras coñecidas do cine español e desde un texto teatral. Abrindo camiños desde a ficción contra a violencia machista .

'Demasiado cerca'
Ópera prima dun director ruso que sorprendeu no último Festival de Cannes. Unha muller enfrontada á tradición familiar diante dun problema estremo, o secuestro do seu irmán e a moza deste. A estética como intención narrativa.

'En la playa, sola de noche'
A melancolía do desamor regada en alcohol. Os filmes do coreano Hong San Soo, tan prolífico coma intenso, seguen o esquema dos diálogos interminables, os zooms desacomplexados e a rutptura do filme en dous mesturando realidade e soño coma se o director conseguira que onamorado fora o público, incapaz de pensar, só de deixarse levar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

07/12/2017