CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Carteleira de cine para a fin de semana

Publicado o 22/09/2017 15:35

É venres e entran novos filmes nos cines de Galicia. A carteleira trae unha serie de películas para todas as idades, co humor e o entretemento como ingredientes.

Kingsman: el círculo de oro. Dir. Matthew Vaughn
A franquía Kingsman ameaza con se converter nun dos valores da carteleira. As historias de espias pasadas pola peneira do venerado humor inglés e con Colin Firth coma mestre de cerimonias. Unha banda deseñada de éxito adaptada ao cine.

La reina Victoria y Abdul. Dir. Stephen Frears
Judi Dench é a raíña Victoria de Inglaterra recibindo e facendo amizade cun novo secreatrio indio ao que lle dará un cargo naquela zona de control británico. O conflito chega porque a mestura non é sempre ben recibida entre os máis conservadores.

La Lego NinjaGo Película. Dir. Bob Logan, Paul Fisher e Charlie Bean
O sentido do humor e a acción son a base da unión entre Lego e a Warner para darlle saida a esta serie de filmes que agora ten aos Ninjas de protagonistas. Construir e destruir, todo na mesma película.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí