CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Carteleira de cine

Publicado o 06/10/2017 15:35

Pasaron 35 anos da estrea de 'Blade Runner' e hoxe chega ás carteleiras a secuela deste clásico da ciencia ficción. Estas son as estreas desta semana.

Blade Runner 2049. Director: Denis Villenueve
Con Ridley Scott na produción e Denis Villenueve ao mando, a expectación que levanta esta continuación do clásico pasa por comprobar se soporta a comparación a nivel visual e como avanza a historia desde o punto de vista do relato. Ryan Gosling tómalle o relevo a Harrison Ford.

Morir. Director: Fernando Franco
Fernando Franco situouse hai uns anos con 'La herida' coma un dos cineastas máis prometedores do cinema español. En 'Morir' indaga na relación dunha parella afectada pola enfermidade dun deles. Marian Álvarez e Andrés Gertrudix nun tour de force actoral.

La montaña entre nosotros. Director: Hany Abu-Assad
Kate Winslet e Idris Elba queren demostrar que o amor move montañas. Un accidente aéreo do aeroplano no que viaxan déixaos perdidos entre a neve sen posibilidade de rescate. Drama romántico interracial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí