CRTVG

Buscar

Carteleira cunha oferta para refuxiarse no cinema nunha fin de semana pasada por auga

Publicado o 01/11/2019 12:19

Cambian as estreas nos cines e 'O que arde', o filme participado pola Televisión de Galicia, acada xa os 50.000 espectadores na súa cuarta semana na carteleira.

'La trinchera infinita' Dir. Garaño, Arregi, Goenaga
A historia dun home que pasou 30 anos agochado na súa propia casa para evitar a ditadura franquista. Un filme político, pero tamén persoal, sobre a supervivencia con Antonio de la Torre e Belén Cuesta como portagonistas. Un dos filmes españois do ano.

'Sorry We Missed You' Dir. Ken Loach
Ken Loach aborda os salvaxes procesos que o capitalismo impón aos traballadores na sociedade actual. Pai e nai que traballan arreo por sacar a súa familia adiante ante unha chea de dificultades.

'Terminator: Destino oscuro' Dir. Tim Miller
A lenda de Terminator exprime o discurso levando a violencia continua a todas as secuencias. Sarah Connor como gran salvadora da humanidade trasladando os códigos violentos ao feminino.

Noticias web

01/11/2019