CRTVG

Buscar

O Deportivo viaxa cara Granada preocupado polas lesións

Publicado o 09/02/2019 19:33

O Deportivo viaxa cara a Granada preocupado polas lesións. Nin Vicente Gómez, nin Krohn Dehli, nin Pedro Sánchez, nin Carlos Fernández están dispoñibles.

Natxo González Adestrador do R. C. Deportivo "A miña maior preocupación, ao final moitas lesións debilítante a nivel de equipo e de cara ao resultado"

Para máis preocupación, o encontro nos Cármenes é un duelo entre serios candidatos ao ascenso.

Fede Cartabia R. C. Deportivo "É un equipo interesante, levan moito tempo aí arriba, non é casualidade, teñen xogadores moi desequilibrantes e un equipo compensado ao igual que nós. Vai ser un partido de ti a ti e veremos quen o leva, esperemos que sexamos nós"

Conseguir dúas vitorias consecutivas a domicilio recuperaría a confianza do equipo como visitante

Fede Cartabia R. C. Deportivo "Oxalá gañemos e sigamos en esa liña da segunda vitoria fóra de casa consecutiva, creo que vai ser outro golpe na mesa como fixemos en Xixón"

As baixas condicionarán o once titular de Natxo González, no que podería volver entrar Pedro Mosquera. Ademais dos mancados, o técnico vasco deixou fóra da convocatoria a Dubarbier e a Iñigo López.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2019