CRTVG

Buscar

Carta de Pedro Sánchez á militancia

Publicado o 22/09/2019 16:54

"Debemos comportarnos como o que somos: unha esquerda moderada que defende a Constitución e o Estado das autonomías".

Falta un día para a disolución das cortes e antes de marchar catro días cara a Nova York, Pedro Sánchez envioulles unha carta aos militantes socialistas. É unha misiva de tres follas nas que hai varias apelacións ao voto útil. Pedro Sánchez asegura que só hai unha opción para conseguir un goberno de progreso. "Non temos que facer ningún cambio ideolóxico, nin finxir nada para conseguir ese propósito", apunta Sánchez. "Debemos comportarnos como o que somos: unha esquerda moderada que defende a Constitución e o Estado das autonomías".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/09/2019