CRTVG

Buscar

Carrillo pretende "dar un golpe na mesa" ante "todo un Dépor"

Publicado o 27/11/2019 20:50

José Ángel Carrillo, que esta mañá foi presentado como novo xogador do equipo albivermello. O murciano, que levaba dous meses adestrándose co equipo, suple a baixa de Campillo, mancado ata final de temporada, e levará o seu dorsal: o 10. Carrillo atopábase sen equipo desde finais da temporada pasada tras deixar o Hapoel Beer Sheva israelí. O dianteiro xa debutou coa camisola do Lugo o domingo pasado no campo do Cádiz: "Unha mágoa o tema de Campillo que ao final teña que ocupar a súa ficha e o seu dorsal. Veño achegar o meu gran de area para axudar o equipo".

Carrillo podería estrearse diante da súa afección no derbi ante o Deportivo e non podería estar máis motivado: "O derbi este galego contra o Dépor e a verdade é que é unha motivación extra e máis na casa e máis na situación na que nos podemos atopar. É para nos reivindicar e darmos un golpe na mesa e máis contra todo un Depor que aínda que pareza que está na táboa clasificatoria aí abaixo é totalmente mentira porque é un equipo que pode estar arriba perfectamente", asegura o novo xogador lugués.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/11/2019