CRTVG

Buscar

Carreiras en Ourense e invasión de mulleres en Verín para celebrar o Xoves de Comadres

Publicado o 20/02/2020 14:29

E hoxe é Xoves de Comadres, o tiro de saída aos días grandes do Entroido. Na cidade de Ourense, a praza Maior foi o escenario da tradicional loita de sexos protagonizada polos máis pequenos.

E en Verín xa teñen todo listo para a xornada máis multitudinaria da festa. Grupos de mulleres chegadas de distintos puntos de GAlicia e mesmo de fóra comparten mesa e troula.

Despois da media noite, a troula trasládase ás rúas. Escoltado polos cigarróns, don Carnal acode á casa do escudo buscar a raíña do Entroido. Xuntos percorreán as rúas da vila ata a Praza Maior onde lle darán a benvida aos días grandes da festa.

Noticias web

20/02/2020