CRTVG

Buscar

Carreira solidaria na Cidade da Cultura para visibilizar os pacientes de melanoma

Publicado o 21/05/2019 21:21

Primeira carreira nocturna polo melanoma. Ás oito deste serán moitos afeccionados ao running e sensibilizados co cancro de pel puxeron as botas de correr para participar nesta iniciativa. Non son moitos quilómetros pero si moita a axuda a que supón cada zancada.

Corren baixo o lema "Ponte na súa pel" e, entre as participantes, unha paciente de melanoma. Os cartos recadados hoxe van para a investigación e o tratamento dela e de moitos máis coma ela. Galicia é a quinta comunidade con máis mortes a causa do cancro de pel.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/05/2019