CRTVG

Buscar

Carracedo di que é máis perigosa a gripe A que o coronavirus

Publicado o 17/02/2020 14:22

O xenetista Ángel Carracedo considera que a alerta xerada arredor do coronavirus é excesiva e lembra que hai moitas máis mortes a causa da gripe.

O número de mortos por coronavirus na China supera os 1.700. Son menos dos que pode causar a gripe en Europa ou nos Estados Unidos.

"Parece que hai unha almarma desmedida. É moito máis preoucoante a gripe A e que a xente non se vacine de gripe A, que ten unha mortaldade elevada. Preocúpame moito mais. É perigoso que poida haber unha pandemia, pero o que hai que facer é poñerlle remedio e non preocuparse cando non hai motivo para preocuparse en absoluto", di Angel Carracedo, experto en Medicina Xenómica.

O compostelán mago Vituco acaba de pasar corentena no barco en que traballaba en Vietnam. Recentemente chegado a Santiago, conta que el e o resto dos tripulantes viviron a situación con serenidade.

"Todos os días tiñamos reunión cos médicos do barco, inspección médica... Recibiamos consellos para previr o virus. En ningún momento sentimos nin abandono nin medo nin nada polo estilo. Cando nos achegabamos a terra para provisionamento adoitaban subir os médicos de inmigración dos países para facernos probas se comprobar que efectivamente estabamos todos ben", conta.

Tamén para saír de Vietnam tiveron que demostrar con probas médicas que non estaban infectados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2020