CRTVG

Buscar

Carolina Marín fai Historia ao acadar o seu terceiro Campionato do Mundo de bádminton

Publicado o 06/08/2018 15:17

Todos os focos apuntan a Carolina Marín. Unha deportista para a historia. Na China sumou o seu terceiro título mundial de bádminton, a primeira muller que o consegue. No seu palmarés tamén destaca o ouro olímpico e catro europeos.

Moita emoción nas verbas de Carolina Marín. A onubense acababa de gañar o seu terceiro mundial de bádmiton, os dous anteriores foran consecutivos en 2014 e 2015. Ninguén antes conseguira tres títulos do mundo nesta disciplina, viña de facer historia.

Marín derrotou en dous sets a Venkata Sindhu, actual subcampioa do mundo, nun partido no que a hindú dominou o xogo no primeiro set acadando unha vantaxe de varios puntos. A española reaccionou en tempo e impuxose, finalmente, por 21 a 19. No segundo set, Carolina Marín foi implacable desde o principio. Sindhu non puido seguirlle o ritmo e o resultado foi un contundente 21 a 10 a favor da española. 

Catro europeos e unha medalla de ouro nos pasados mundiais do Río completan o palmarés de Marín.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2018