CRTVG

Buscar

Carolina Marín estará uns sete meses de baixa

Publicado o 29/01/2019 19:58

Rematamos con Carolina Marín, operada con éxito en Madrid da rotura no ligamento cruzado do xeonllo dereito. Os prazos de recuperación que dan os doutores para este tipo de lesións andan polos sete meses. É difícil que Carolina chegue ao Mundial que se celebrará en Basilea emn agosto. A campioa olímpica agradeceu deste xeito as mostras de apoio dos últimos días.

Carolina Marín, campioa olímpica e mundial de bádminton: "Ola, rapaces. Como vedes xa me operaron e saíu todo moi ben. Só foi o ligamento cruzado. Vedes que xa estou de recuperación. Quero agradecervos as mensaxes que me enviades cada día. Agora imos por todas. Pronto volverei!"

Noticias web

29/01/2019