CRTVG

Buscar

Carolina Darias será a nova ministra de Política Territorial e Función Pública

Publicado o 11/01/2020 11:25
Carolina Darias será a nova ministra de Política Territorial e Función Pública

A composición do futuro Consello de Ministros ten desde esta mañá unha incógnita menos. Carolina Darias será a nova ministra de Política Territorial e Función Pública. Procede do goberno autonómico canario, onde ocupaba ata o de agora a carteira de Economía. Seguen sen coñecerse os titulares dos ministerios de Xustiza e Cultura.

Darias é unha veterana militante socialista, de 54 anos, cun amplo currículo no eido da Administración Pública e a xestión territorial.

Licenciada en Dereito e funcionaria de carreira, foi delegada do Goberno en Canarias entre os anos 2018 e 2011, cando se enfrontou a un suceso de gran impacto como foi o accidente dun avión de Spanair que se dirixía de Madrid a Gran Canaria. No ano 2015 converetuse na primeira muller presidenta do Parlamento canario e na actulidade detentaba o posto de conselleira de Economía no goberno insular.

Ou sexa, que se seguen sumando os perfís económicos ao goberno de Sánchez, neste caso para lidiar coas comunidades autónomas. Con Carolina Darias son xa vinte os nomes dos ministros coñecidos, entre eles as catro vicepresidencias, e só queda un por desvelar: o titular de Xustiza.

Mañá agárdase que Sánchez lle comunique oficialmente ao Rei o listado completo dos membros do novo. 

 

Os ministros confirmados ata o de agora do Goberno de Pedro Sánchez

Vicepresidenta primeira, ministra da Presidencia e Relacións coas Cortes: Carmen Calvo.

Vicepresidente de Dereitos Sociais e Axenda 2030: Pablo Iglesias.

Vicepresidenta para Asuntos Económicos e Transformación Dixital: Nadia Calviño.

Vicepresidenta para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico: Teresa Ribera.

Portavoz do Goberno e ministra de Facenda: María Jesús Montero.

Ministra de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación:  Arancha González Laya.

Ministra de Defensa: Margarita Robles.

Ministro de Interior: Fernando Grande-Marlaska.

Ministra de Traballo: Yolanda Díaz.

Ministro de Seguridade Social, Inclusión e Migracións: José Luis Escrivá.

Ministro de Consumo: Alberto Garzón.

Ministro de Sanidade: Salvador Illa.

Ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana: José Luis Ábalos.

Ministra de Industria, Comercio e Turismo: Reyes Maroto.

Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación: Luís Planas.

Ministra de Educación e Formación Profesional: Isabel Celáa.

Ministro de Ciencia e Innovación: Pedro Duque.

Ministro de Universidades: Manuel Castells.

Ministra de Igualdade: Irene Montero. 

Ministra de Política Territorial e Función Pública: Carolina Darias.

Ministro de Cultura e Deporte: José Manuel Rodríguez Uribes.