Carolina Darias substitúe a Illa, e Miquel Iceta, ministro de Política Territorial
Pedro Sanchez fai unha remodelación "mínima" do Goberno, obrigada, di, polo regreso de Salvador Illa a Cataluña. Coloca no seu lugar a Carolina Darias, que será a encargada a partir de agora de xestionar a terceira vaga da pandemia.
Pedro Sánchez, presidente do Goberno: "Compartiu con Illa o día a día da xestión da pandemia, estivo en primeira liña fronte ao virus".
A carteira de Darias ocuparaa Miquel Iceta, novo ministro de Política Territorial e Función Pública. Sánchez elixiuno, di, polo seu perfil político.
Pedro Sánchez: "Iceta é cooperación, colaboración, cogobernanza. Iceta é un home de acordo e de concordia".
O presidente do Goberno tivo eloxios para Salvador Illa, que participou este martes no seu último Consello de Ministros.
Salvador Illa, exministro de Sanidade: "Síntome un humilde servidor público e estarei onde se me precise. Grazas a todos".
Os novos ministros de Sanidade e Política Territorial, Carolina Darias e Miquel Iceta, tomarán posesión da súa carteira este mércores.